Escola de Pais
O Colexio Los Sauces programou para o vindeiro xoves 31 de xaneiro unha nova sesión da súa “Escola de pais”. Nesta ocasión o título do relatorio é “Todos somos diferentes pero previsiblemente diferentes”, que imparte a psicóloga e coach Sandra Prieto. O relatorio tamén incorpora un taller para identificar mellor os perfís de cada membro familiar e mellorar a comunicación entre todos. Esta actividade desenvolverase no Salón Rexio da Fundación Celta en cálea Príncipe e está aberta a participación a todos os interesados.