Esta mañá, ás 10:00h, tivo lugar na tenda oficial do RC Celta en Príncipe a entrega dos artigos colleitados durante a campaña ‘Celeste solidario’. O evento contou coa presenza de Germán Arteta director da Fundación Celta e Antón Álvarez conselleiro do RC Celta, xunto con Carlos Leiro, director da Asociación Stop, promotora da campaña ‘Cada neno un xoguete’.
A recollida de doazóns foi un rotundo éxito, grazas á solidariedade dos afeccionados do RC Celta nas tendas de Balaídos e Príncipe, así como dos xogadores na Cidade deportiva Afouteza e os nenos das escolas de fútbol da Fundación Celta e da Canteira na Madroa.
Mañá levará a cabo unha nova acción solidaria no pavillón de Navia a partir das 18:00h, con motivo do partido que disputará o Celta Zorka Recalvi contra o Perfumerías Avenida ás 19:30h.
A Fundación Celta agradece a participación da sociedade nesta campaña e anima a seguir doando para seguir axudando a quen máis o necesita.