Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE NADAL FUNDACION CELTA que durante 4 días se levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro. As sedes confirmadas son as seguintes:
A MADROA (Vigo) – Martes, mércores, xoves e venres.
A ESTRADA (Pontevedra) – Martes, mércores, xoves e venres.
TYDE-TUY (Pontevedra) – Martes, mércores, xoves e venres
PABELLON OURENSE (Ourense) – Martes, mércores, xoves e venres.
CONCELLO DE RIBEIRA (A Coruña) – Martes, mércores, xoves e venres
Para porteiros…
Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ na MADROA (Vigo) – Martes
Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en VILA DO CORPUS-PONTEAREAS (Pontevedra) – Mércores
Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Xoves
Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en RIBEIRA (A Coruña) – Venres
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC CELTA, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RCCELTA.
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do futbol da man do RCCELTA e os seus adestradores. As inscricións estarán abertas ata o VENRES 22 de Decembro ás 12:00h do mediodía. A través da propia web da FUNDACION poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados. Todos os participantes recibirán un detalle de recordo da súa participación e entregaráselles unha camiseta de agasallo.
Más de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes. Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións debemos acceder á seguinte ligazón.
Lembra que se o campus é un agasallo podes solicitar a tarxeta regalo dixital en comunicacion@fundacioncelta.com.