Xa está en marcha a segunda semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 con sedes na Madroa, PALAS DE REI, PABELLÓN OURENSE e MONDARIZ. Na sede de A MADROA ademais do campus habitual temos en marcha a segunda edición do CAMPUS FEMININO con gran éxito de participación de xogadoras federadas en diferentes clubs de Vigo e os seus arredores. En MONDARIZ tamén coa modalidade interna de campus, onde ademais de gozar dos adestramentos durante as mañás realizan outras actividades de lecer durante as tardes e conviven xuntos durante toda a semana, unha gran experiencia deportiva e persoal.
Nun clásico dos nosos campus como é PABELLÓN OURENSE volvemos completar as prazas na súa segunda semana, e en PALAS DE REI, que debuta como sede de campus, a acollida foi extraordinaria pechándose a cota de prazas pouco despois de abrirse inscricións, e os nenos/as están a gozalo ao grande.
Continuamos tamén con presentacións de campus, e nesta ocasión tocoulle a XINZO DE LIMIA, a concelleira de deportes Cristina Campero e o técnico de deportes David Carneiro achegáronse á SEDE para pechar o acordo de colaboración, e aproveitaron a visita para coñecer as nosas instalacións institucionais.
Seguen abertas as inscricións para as sedes das próximas semanas, anímache a inscribirche e gozar dos campus como xa o están facendo centos de nenos/as. Info e inscricións aquí.
Germán Arteta director da Fundación e Manu Gómez coordinador do campus na presentación da sede Xinzo de Limia coa concelleira de deportes Cristina Campero e o técnico de deportes David Carnero
Palas de Rei
Pabellón Ourense
Colexio Marcote Mondariz Balneario
Colexio Marcote Mondariz Balneario
A Madroa
A Madroa Feminino
A Madroa