O Celta B asinou as táboas contra o Polvorín, no que era o cuarto compromiso estival da pretemporada do conxunto celeste. Aínda que nun principio nesta data estaba programado medirse contra o Braga B, finalmente foi o filial do CD Lugo o opoñente dos vigueses. Os de Jacobo Montes suman catro vitorias (SD Compostela, Pontevedra, Moaña, Ourense FC), dous empates (Deportivo Fabril, Polvorín) e unha derrota (Porto B) nesta pretempada.
O próximo opoñente na fase de preparación será o CD Choco, contra o que se medirán o domingo 11 de agosto ás 20:00 en no Campo de Baltar (Portonovo) no último partido de pretempada antes de iniciar a competición ligueira o fin de semana do 25 de agosto no campo do Internacional de Madrid.