Novo reforzo para o ataque do Celta B. O filial suma á súa zona ofensiva un gran poderío físico, forza e contundencia coa chegada do nixeriano de 21 anos Emmanuel Apeh, procedente do Lorca, co que disputou 24 partidos en Segunda División.
Trátase dun dianteiro centro que domina á perfección tanto o xogo de costas como o aéreo, bo rematador e que ofrece ademais un gran compromiso defensivo. Emmanuel Apeh asina por unha tempada con outras tres opcionais.