Tras un emocionante derbi fronte ao CD Lugo, o Celta Fortuna logra manterse na cima do Grupo 1 da Primeira Federación (0-1). Un gol temperán de Alfon outorga aos celestes a primeira vitoria do 2024 e reafirma a solidez do filial esta tempada.
No limiar do novo ano, o Fortuna volveu como despediu o 2023: despregando un xogo maxistral, sabendo medir os tempos e entregándose con fervor ata o último suspiro. Sobre o escenario do Anxo Carro e baixo a batuta de Claudio Giráldez, o equipo filial irrompeu cegador na primeira metade, cun destacable Alfon que subiu o 0-1 ao marcador grazas a un golazo desde o balcón da área.
Durante os seguintes 45 minutos, os esforzos do Lugo por nivelar o encontro parecían producir efecto, pero a resistencia inquebrantable do filial, apoiada polas estratéxicas modificacións de Giráldez que incorporaron a Fer López e Manu Garrido, selaron a vitoria con esforzo e determinación, consolidando o seu status como líderes indiscutibles.
Con esta cuarta xornada sumando de tres, o Fortuna xa busca a súa próxima vitoria en casa fronte ao Nástic o 14 de xaneiro ás 19:00h.
FICHA TÉCNICA
CD LUGO: Gonçalo Tabuaço, Johaneko, Andrés Castrín, César Morgado, Alberto López, Sabit Abdulai (Nacho Quintana, min 46), Sergio Aguza (Aranda, min 75), Jozabed (Jorge González, min 88), Antoñín (Fuentes, min 88), Víctor Narro (Antonetti, min 75) e Willy Ledesma
CELTA FORTUNA: César, Javi Rueda, Manu Fernández, Yoel Lago, Tincho (Lucas, min 73), Joel López, Miguel Román, Damián, Alfon (Manu Garrido, min 88), Pablo Durán (Bruno, min 63) e Raúl Blanco (Fer López, min 73)
GOLES: 0-1, min 15: Alfon.
ÁRBITRO: Fernández Buego, do comité asturiano. Expulsou a Javi Rueda no desconto. Ademáis, amonestou ao xogador local Johaneko e ao visitante Tincho.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 18 da Primera Federación disputado no Anxo Carro.