Os dous laterais esquerdos do Celta B, Diego Pampín e Din Alomerovic, continúan apontoando a súa traxectoria internacional. O canteirán Pampín foi convocado coa selección Española Sub-19 para os adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará desde hoxe e ata o vindeiro mércores na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Pola súa banda, Alomerovic foi convocado coa Selección Sub-21 de Macedonia, coa que permanecerá concentrado tamén ata o vindeiro mércores.
Diego Pampín, quen aínda non cumpriu 18 anos, disputou o pasado ano o Mundial da Categoría Sub-17 coa selección nacional e con esta convocatoria entra na dinámica do combinado Sub-19.