Profunda ledicia na Fundación e o RC Celta pola convocatoria dos canteiráns David Vilán e Miguel Rodríguez coa Selección Sub-16 para a Copa AEGEAN, un prestixioso torneo internacional que se disputará a próxima semana en Turquía.
O combinado español está encadrado no Grupo B, medirase a Rusia, Albania e Macedonia.
14.01.19 | 12.00 h. | España / Albania | Altinordu Ismet Orhunbilge |
15.01.19 | 12.00 h. | España / Macedonia | Altinordu Metin Oktay Tes. |
17.01.19 | 12.00 h. | España / Rusia | Altinordu Metin Oktay Tes |
19.01.19 | 12.00 h. 15.00 h. |
3er / 4º Puesto Final |
Altinordu Metin Oktay Tes. Tire Stadium |
Ambos os futbolistas xa foron chamados o pasado mes de setembro pola Selección Sub-16 e mesmo Miguel Rodríguez foi citado coa Sub-17 en novembro. A súa convocatoria recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde hai anos na formación de xogadores na Madroa.