Non tivo fortuna o RC Celta Xuvenil no partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei. Caeu de xeito claro, e cruel, ante o Atlético de Madrid por cinco goles a un, resultado excesivamente abultado que reflicte a enorme efectividade do cadro local á contra.
O conxunto madrileño anotou dous tantos na primeira media hora de xogo, pero Solís volteou a eliminatoria aos 23 minutos da segunda metade. Os locais acertaron nun saque de esquina a falta de quince minutos para o final e sentenciaron despois á contra co xuvenil celeste envorcado en ataque.
Foi unha tempada excelente para os celestes, campións de Liga e eliminados, tamén de xeito cruel, no desconto e con dous homes menos, nas semifinais da Copa de Campións.
Campaña ilusionante que move á esperanza para a tempada que vén.