Tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado mes de febreiro, a Fundación Celta puxo en marcha un novo campus de verán na cidade serbia de Veliko Gradiste. O campus se inció onte luns e estenderase ao longo da presente semana e contará de novo coa presenza do ex xogador celeste e actual membro da secretaría celeste Milorad Ratkovic que participará como adestrador para os mozos da localidade.
Esta actividade é posible grazas ao acordo alcanzado entre a Fundación Celta de Vigo, o concello de Veliko Gradiste e o club local, o FK VGSK. Nesta ocasión son preto de 30 os participantes nunha actividade que está a ter unha enorme repercusión no país balcánico. Os adestramentos realízanse no campo do FK VGSK así como nas instalacións de Silver Lake e o parque Gradiste.
A cidade de Veliko Gradiste, situada ás beiras do río Danubio, conta xa cunha estrutura de traballo consolidada froito da colaboración entre o tres entidades, unidas polo obxectivo común da formación e o desenvolvemento dos mozos deportistas.