A segunda edición do campus/draft en Venezuela da Fundación Celta by Cabreiroá en colaboración con OCLC Sports Agency desenvolveuse entre o 4 e o 14 de agosto visitando Caracas (instalacións deportivas da Irmandade Galega en Vallefresco ) como primeira sede con 169 participantes e posteriormente en Barquisimeto (Colexio Rio Claro) como segunda sede onde máis de 200 participantes puideron gozar deste evento formativo. Destacar a presenza dun nutrido grupo de xogadoras en ambas as sedes.
Os xogadores seleccionados en cada sede terán como premio o poder vivir unha experiencia deportiva co noso fútbol basee nos meses posteriores.
Todas estas accións son parte do acordo deportivo entre a FUNDACIÓN CELTA e XFANS INTERNACIONAL.
A aposta da Fundación Celta pola formación deportiva tanto de xogadores como de técnicos no area internacional prosegue durante esta tempada co obxectivo de seguir expandindo a marca Celta por todo o planeta.