Moi boas noticias para o RC Celta e a súa Fundación. César Fernández, porteiro do Xuvenil B, foi convocado pola Selección Española Sub-16 para disputar a prestixiosa “AGS Cup Albir”, un torneo internacional que se disputará en Alacante do 1 ao 8 de decembro. Durante o torneo, a Sub-16 enfrontarase a Xapón, México, Rusia e Inglaterra.
Esta chamada pon en valor o traballo que tanto o club como a Fundación realizan nas categorías inferiores do RC Celta.