Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

O Celta B cae ante Unionistas despois de máis de cinco meses invicto como local - RC Celta
20230410_CeltaBVsUnionistas_2
Celta b

O Celta B cae ante Unionistas despois de máis de cinco meses invicto como local

RC Celta

O Celta B caeu derrotado (0-1) ante Unionistas de Salamanca CF no partido correspondente á xornada 31 de Liga no grupo I de Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos. Un partido no que os celestes rompen unha xeira de máis de cinco meses invictos nos seus encontros como locais.

O partido comezaba cunha primeira metade sen goles na que os celestes dispuxeron das mellores ocasións. Miguel, tras estrearse como goleador en LaLiga, e Damián, nun saque de esquina olímpico, foron os protagonistas.

Tras o descanso, o Celta B saíu con máis mordente e achegouse ao gol con senllos disparos de Raúl Blanco e Miguel. Con todo, Unionistas adiantábase no marcador desde o punto de penalti e a punto estivo de facer o 0-2 cun disparo de Nabil que desviou Ruly a córner.

O filial celeste respondeu cunha boa oportunidade para Lauti tras un centro de Hugo Álvarez. Uns minutos finais nos que, en superioridade numérica tras a expulsión de Nespral, Iker Losada rozou o empate nun libre directo.

O Celta B mantense en quinta posición despois de sumar 52 puntos en 31 xornadas. Tras esta derrota, o segundo equipo céltico visitará ao Real Madrid Castilla o vindeiro sábado 15 de abril ás 17:00.

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA B: Ruly; Iván López (Iker Losada, min. 68), Javi Domínguez (Fran López, min. 88), Carlos Domínguez (Lautaro, min. 68), Gael, Medrano; San Bartolomé (Hugo Sotelo, min. 46), Damián; Clemente Montes (Raúl Blanco, min. 46), Miguel Rodríguez, Hugo Álvarez.

1 – UNIONISTAS DE SALAMANCA CF: Salva de la Cruz; Fran Rodríguez, Pedraza, Antonio Leal, Jon Rojo; Óscar Sanz (Unai Veiga, min. 73), Nespral; Iván Chapela (Mikel Carro, min. 83), De la Nava (Borja Díaz, min. 63), Juampa (Beneit, min. 46); Losada (Ahn, min. 73).

Gol: Iván Chapela, p. (0-1, min. 59).

Árbitro: Ruis Álvarez, do colexio madrileño. Amonestou a Carlos Domínguez, do Celta B, e a Óscar Sanz, Antonio Leal, Borja Díaz e Ahn, de Unionistas de Salamanca. Expulsou a Nespral, de Unionistas de Salamanca.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas