Enorme vitoria do Celta B ante a SD Logroñés no partido correspondente á décimo oitava xornada de Liga no Grupo I de Primeira RFEF Footters disputado en Barreiro. O segundo equipo céltico, que se viu por baixo no marcador ata en dúas ocasións, foi capaz de darlle a volta ao marcador para conseguir os tres puntos no primeiro encontro do 2022.
O Celta B fíxose co mando do encontro desde o principio ante unha SD Logroñés que, con todo, adiantábase no marcador por medio de Sandoval. Os celestes puideron empatar acto seguido cun remate de Miguel Rodríguez ao pau e un remate de cabeza de Javi Gómez que atrapaba o porteiro.
Tras chegar ao descanso con 0-1 no marcador, o Celta B igualaba a contenda na continuación tras unha gran xogada individual de Miguel Rodríguez que facía o 1-1 cun disparo marca da casa. Non durou moito a alegría ao filial, que encaixaba o 1-2 novamente con Sandoval como protagonista tras cazar o rexeitamento despois dunha gran intervención de Ruly.
Xerro de auga fría para un segundo equipo céltico que non baixou os brazos e, despois do empate de Holsgrove desde os once metros, conseguía os tres puntos por medio de Fabrício a dez minutos para o final.
Despois deste triunfo, o filial celeste mantense na zona nobre despois de sumar 28 puntos en dezaoito xornadas. O Celta B pechará a primeira volta medíndose á UD Sanse o vindeiro sábado 22 de xaneiro ás 17:00 en Matapiñonera.
FICHA TÉCNICA
3 – RC CELTA B: Ruly García; Carrique, Javi Castro, Álex Martín (Cedric, min. 66), Carlos Domínguez, Diego Pampín; Gabri Veiga (Yoel, min. 84), Holsgrove; Miguel Rodríguez (Medrano, min. 84), Lautaro (Fabrício, min. 66), Javi Gómez (Fran López, min. 66).
2 – SD LOGROÑÉS: Castillo; Cubero, César Caneda (Llácer, min. 88), Pelayo, Paredes; Emilio, Arnedo (Pirri, min. 88), Javito (Diego, min. 64); Calderón (Ander, min. 76), Soberón, Sandoval (Jon Ander, 76).
Goles: Sandoval (0-1, min. 11); Miguel Rodríguez (1-1, min. 52); Sandoval (1-2, min. 59); Holsgrove, p. (2-2, min. 73); Fabrício (3-2, min. 79).
Árbitro: Vicente Moral, do colexio castellanoleonés. Amonestou a Javi Castro e Onésimo, del Celta B, e a Cubero e César Caneda, da SD Logroñés.
Campo: Barreiro.