O Celta B logrou na terceira xornada de 2ªB a súa primeira vitoria da tempada e fíxoo con contundencia por 1-3 ante o CD Palencia. Os celestes souberon reconducir o choque tras un temperán tanto inicial dos locais, no minuto 3, e chegaron ao descanso por diante no marcador grazas aos goles de Juan Hernández e Borja Iglesias.
Os de Menéndez, superiores ao rival, ratificaron o triunfo vigués no minuto 78 cunha diana de Brais Méndez. Dez minutos antes o colexiado expulsara ao local Héctor Sánchez. O filial celeste mantense invicto tras dous empates e unha vitoria.
FICHA TÉCNICA
1-Palencia: Alejandro, Segura (Ángelo, min.69), Héctor Sánchez, Ibón, Nico Madero, Chuchi, Asier Arranz, Rodri (Murillo, min.81), Xavi Moré, Diego Torres (Zapata, min.58), Fede Inestal.
3-Celta B: Néstor, Kevin, Samu, Roger, Alende, Juan Ros (Borja Fernández, min.62), Juan Hernández, Brais Méndez (Joao, min.81), Borja Iglesias, Gus Ledes e Hicham (Juan Mera, min.71).
Goles: 1-0, min.3 (Xavi Moré); 1-1, min.23 (Juan Hernández); 1-2, min.35 (Borja Iglesias); 1-3, min.78 (Brais Méndez).
Árbitro: Gálvez Rascón, do comité madrileño.
Campo: Nuevo La Balastera (700 espectadores).