filial.jpg
A Canteira

Celta B: canteira, xuventude e calidade

RC Celta

O RC Celta B venceu o pasado domingo á UD Eivissa, un dos mellores equipos da categoría. Fíxoo, ademais, cun equipo novo e con aroma da Madroa. Até media ducia dos xogadores titulares eran canteiráns celestes, o que reforza a aposta do club pola súa canteira. Tres deles, ademais, atópanse entre os futbolistas máis novos da xornada que foron titulares no Grupo I de Segunda División B.

Gabri Veiga, aínda en idade xuvenil, foi o titular máis novo de toda a categoría. Iker Losada, tamén xuvenil e que esta tempada xa xogou e anotou un gol co primeiro equipo ante o Real Madrid, foi o terceiro de menos idade entre os vinte equipos do grupo. Pola súa banda, Sergio Carreira foi o sétimo nesta clasificación da xornada.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas