A Fundación Celta continúa adiante coa súa campaña de recollida de xoguetes e alimentos “Celeste Solidario”. Os afeccionados teñen unha última oportunidade para participar nesta iniciativa solidaria realizando a súa doazón na entrada do museo do club en Balaídos este domingo entre as 14:45 e as 16:15 horas, antes do partido de Liga ante o Vilarreal.
Todo o material recolleito irá destinado a Cáritas e as ONGs “La mano que ayuda” e “A las 5”. Os xoguetes servirán para colaborar coa gala “Ningún neno sen xoguete” que organiza a “La mano que ayuda”.