A Fundación Celta levou os seus campus a Gran Canaria por terceiro verán consecutivo grazas á súa colaboración co CD Becerril. Un campus destinado a mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos, de dúas semanas de duración e que levouse a cabo nas instalacións do Octavio Estévez de Santa María de Guía para a categoría Fútbol 11, e no Municipal de La Atalaya para a categoría Fútbol 8.
O campus ofreceu aos participantes a oportunidade de experimentar a tecnificación e a metodoloxía RC Celta.
Un dos aspectos máis emocionantes do campus é a posibilidade de ser seleccionado para recibir unha semana de formación nas instalacións deportivas da Madroa. Os seleccionados terán a oportunidade de realizar adestramentos cos integrantes da Canteira do RC Celta.
A Fundación Celta agradece enormemente ao CD Becerril permitir desenvolver este campus por terceiro verán consecutivo, Esta actividade converteuse nunha tradición arraigada na entidade, así como nunha experiencia inesquecible para os mozos e mozas doutros clubs de Gran Canaria.