Celta Campeche, a primeira escola de fútbol do RC Celta en México, celebrou o pasado mes de xaneiro a segunda edición da Copa Celta, unha competición de fútbol base que xa é referencia no país mexicano. Ademais de resultar un éxito de participación e asistencia de público, a Copa Celta 2018 finalizou co Celta Infantil A como campión da súa categoría. Os campechanos publicaron este mércores un vídeo resumen do evento, á vez que mostraron as súas ganas e ilusión por afrontar a próxima edición.
Vídeo resumen de la Copa #Celta 2018 celebrada del 4 al 7 de Enero de 2018.
Ya se está cocinando Copa Celta 2019, ¡nos vemos todos próximo Enero en @campeche_cc ! #copacelta2018 #somoscomojugamos #eltorneodetuvida@mmourino @gradaderio @CanteiraCeleste @moiceleste pic.twitter.com/J59bOcSWI3— Celta Campeche (@CeltaCampeche) 7 de marzo de 2018