A Federación Española de Fútbol informou hoxe ao RC Celta que o partido entre o Celta B e a UD Melilla, que estaba fixado para este sábado ás 12.00 horas no Campo de Barreiro, aprázase por mor da imposibilidade do conxunto melillense de desprazarse a Vigo. Non haberá polo tanto encontro este sábado en Barreiro e os clubs teñen de marxe ata do día 3 de setembro para fixar unha nova data para a celebración do choque.