Malas novas para o RC Celta B. As probas médicas ás que foi sometido o porteiro Álvaro Fernández confirmaron que sofre unha rotura no ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda tras un mal xesto durante o último partido de liga. O RC Celta quere transmitirlle todo o seu agarimo e desexarlle unha pronta recuperación.