Alejandro Menéndez, adestrador do Celta B, non continuará no club a próxima tempada. O RC Celta quere expresarlle o seu sincero agradecimiento pola súa extraordinaria labor á fronte do filial na última campaña e media, primeiro para selar unha complicada permanencia e despois para levalo a un fito histórico, o play off de ascenso a Segunda División.
O club deséxalle un gran éxito na súa nova etapa deportiva.