Fundación

Aberto o prazo de inscrición para os Clínic de Semana Santa da Fundación Celta by Cabreiroá 2020

RC Celta

Xa é posible inscribirse nos clinics de Semana Santa que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Se tes fillos/as DE entre 4 e 14 anos aos que lle apaixona o fútbol, esta é a súa actividade.

Como vén sendo habitual ofértanse unha variedade de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou ata tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste. O horario será matinal, de 10.00 a 14.00 horas, cun tentempié a media mañá.

En Vigo continuamos coa sede de Coia, pensada co obxectivo de facilitar o desprazamento dos pais á actividade. Os días 6, 7 e/ou 8 de abril a Fundación Celta de Vigo celebrará as súas clínics no Campo Federativo de Coia, unhas instalacións de gran calidade e de fácil acceso para as familias.

Lembra que se o Clínic é un agasallo, podes solicitar a TARXETA REGALO en info@fundacioncelta.com ou chamando ao 986 213 676

Para participar é necesario acceder á web www.fundacion.rccelta.es. Ademais da sede de Vigo, será posible participar nos clinics das seguintes sedes:

O PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZA O MÉRCORES 31 DE MARZO.

 

BURELA
6,7 e/ou 8 de abril no CAMPO A MAROSA
O horario é de 10 a 14 horas.
INSCRÍBETE AQUÍ
COIA
6,7 e/ou 8 de abril no CAMPO FEDERATIVO DE COIA
O horario é de 10 a 14 horas.
INSCRÍBETE AQUÍ
PABELLÓN OURENSE
6,7 e/ou 8 de abril no Pavillón OS REMEDIOS
O horario é de 10 a 14 horas.
INSCRÍBETE AQUÍ
VILAXOÁN (VILAGARCÍA)
7 de abril no  CM VILAXOÁN (VILAGARCÍA)
O horario é de 10 a 14 horas.
INSCRÍBETE AQUÍ
RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas