Moi boas noticias para o RC Celta e a Fundación. A Selección Española Sub-17 convocou de novo ao dianteiro xuvenil Miguel Rodríguez para os partidos amigables que o combinado nacional disputará ante Chile e Inglaterra a próxima semana. O canteirán celeste, que acumula un bo número de goles neste inicio de tempada, participou recentemente coa Sub-17 nun torneo de preparación que que tivo lugar en Estonia.
Os partidos celebraranse nas instalacións de Pinatar Area (San Pedro del Pinatar).
11.10.2019 17.00 h. España – Chile
14.10.2019 12.00 h. España – Inglaterra
Esta convocatoria premia o traballo que Fundación e club realizan na formación de xogadores na Madroa.