presentacion-mohamed-3.jpg
A Canteira

A Sede acolle desde esta tarde o IV Curso D.O. do RC Celta

RC Celta

O Salón Regio de A Sede acolle desde esta tarde o ‘IV Curso D.O.(Denominación de Orixe) Celta’, unha iniciativa da Fundación Celta que reforza a vocación desta entidade de mellorar de maneira constante a formación da canteira celeste e do fútbol base da cidade. A este curso, que consta de diversas xornadas con varias personalidades do mundo do deporte como protagonistas, asisten adestradores, técnicos e delegados da canteira celeste, e técnicos dos clubs convidos, de AFAVI e das escolas da Fundación Celta.

Abre as xornadas esta tarde ás 16.15 horas o adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, quen falará sobre ‘O balón parado no fútbol’ e a continuación David Serodio, adestrador do Club de Remo de Coruxo ofrecerá unha charla baixo o título ‘Das traiñeiras ao fútbol’. A xornada pecharase cunha charla con Atilano veciño, ex xogador celeste e actual responsable de Relacións Institucionais do club.

Nas seguintes xornadas do curso, os días 10, 13 e 14 do presente mes, os protagonistas serán Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, Fran Albert, preparador Físico do RC Celta no último ascenso, Michel Salgado exfutbolista do RC Celta e Real Madrid, Toni Madrigal, segundo adestrador do Celta B, Carlos Outeiros, director deportivo e ex adestrador do RC Celta Zorka, Manolo, ‘o gran capitán’ do RC Celta, Rubén Albés, adestrador do Celta B, e os compoñentes do equipo Fundación Celta Integra.

Nota: esta actividade é de acceso exclusivo para técnicos do RC Celta, clubs convidos, AFAVI e Fundación Celta.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Fundación Fundación Fundación Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas