foto-asede-sanitarios.png
Fundación

A residencia de A Sede reabre co mellor uso posible: aloxamento para persoal sanitario

RC Celta

A residencia da canteira, situada en A Sede, recobra a actividade tras varias semanas de quietud e silencio, e para estas instalacións non existe mellor uso que o que vai ter de inmediato. O club e a Fundación puxeron hai uns días a disposición do Sergas a súa residencia da canteira e a Clínica da Sede e, en coordinación con este organismo sanitario e tras o acordo de colaboración alcanzado coa área Sanitaria de Vigo, a residencia convértese desde hoxe en aloxamento para persoas que cada día loitan sen desmaio en primeira liña contra o COVID-19.

As habitacións que os xogadores das categorías inferiores celestes deixaron baleiras tras o decreto do estado de alarma están, cos servizos de mantemento e limpeza activos, zona de esparexemento, cociña e lavandaría, a disposición do persoal sanitario que necesite aloxamento ou un lugar de descanso.

Nas próximas horas, seis profesionais sanitarios que desempeñan o seu encomiable labor no Hospital Povisa, aloxaranse na residencia e outro seis, de distintos centros sanitarios da cidade, farano a próxima semana, sempre en coordinación co Sergas tras o acordo de colaboración asinado.

Para o RC Celta e a súa Fundación supón un inmenso orgullo poder colaborar con estes profesionais que cada día realizan un traballo inconmensurable e dan o máximo para coidar das persoas afectadas polo virus. É, ademais, unha maneira inmellorable de participar no aplauso que cada tarde lle dedican os cidadáns polo seu esforzo e dedicación. Club e Fundación queren unha vez máis expresarlles o seu agradecemento polo impagable labor que están a realizar desde o inicio da pandemia.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas