Quince alevíns da Escola Celta Campeche chegarán este sábado a Vigo para integrarse na disciplina da Madroa. Acompañados por dous técnicos da escola céltica no páis mexicano, os novos futbolistas participarán en tres torneos de fútbol base (Erizana, Louro-Tameiga e Arousa Cup) e durante quince días terán a oportunidade de convivir co resto de canteiráns celestes nas instalacións deportivas do RC Celta. Non será unha visita só para desenvolverse como futbolistas, tamén como individuos. O club programou varias visitas culturais cos campechanos antes do seu regreso a México o venres 6 de abril.

Fundación