As categorías inferiores do RC Celta enriquecen os seus adestramentos. A internacional española e xogadora do Utah Royals FC da MLS estadounidense, Vero Boquete, adestrarase durante as próximas semanas con varios equipos da canteira do club celeste.
A experimentada xogadora galega, gañadora da liga de Campións co FFC Frankfurt en 2015 e oitava na clasificación do Balón de Ouro de 2014, elixiu as instalacións de A Madroa para preparar a próxima tempada nos Estados Unidos. “Teño moitas gañas de poder adestrarme cos rapaces para chegar a Utah nas mellores condicións”, apuntou a internacional española. “Para esta pretemporada precisaba adestrar con algúns equipos. Vin a un club como o RC Celta sabendo que ia ter de todo. Acabo de chegar e todo son facilidades”, engadiu.
Vero Boquete participará en varios adestramentos con diferentes equipos das categorías inferiores do RC Celta, club do que destaca a súa metodoloxía de traballo no fútbol base. “Sempre falo de que o xogo español é de toque, de posesión, ofensivo… Aquí no RC Celta traballan desta maneira e por iso decidín vir aqui”, sinalou a futbolista.
Próximamente, entrevista completa en Celta Media.