Unha expedición do club suízo FC Knutwil, compartiu connosco unha intensa fin de semana. O club helvético, situado na cidade de Lucerna, e que milita na terceira división suíza, aproveitou o parón invernal que hai na súa liga, para realizar unha mini pretemporada no Grove, e aproveitou para presenciar o partido contra o Real Betis do pasado domingo, e hoxe luns puido gozar das instalacións deportivas da Madroa, para posteriormente desprazarse á Sede onde compartiron as súas vivencias destes días con Germán Arteta, Director da Fundación.
Esta visita queda enmarcada dentro dos actos previos á celebración do I Campus Fundación Celta – Suíza, que se desenvolverá en Lucerna do 29 de abril ao 3 de maio, nas instalacións deste club e o cal se espera que sexa un completo éxito de participación.