
A Fundación Celta asinou un convenio de colaboración coa empresa Marel Management a través do cal aparecerá como socio do evento The showcase Madrid 2023 que se celebrará durante o mes de febreiro na Cidade do Fútbol da Real Federación Española de Fútbol no concello das Rozas.
Sobre de The Showcase
O Showcase é a maior oportunidade a nivel mundial para aqueles que queiran ser futbolistas profesionais e que terán a oportunidade de demostrar as súas habilidades nun evento dunha semana de duración no que participarán sete clubs profesionais españois -entre eles o RC Celta- que enviarán dous scouts. cada un deles observará aos xogadores dentro e fóra do campo para seleccionar polo menos un xogador para incorporar ao equipo respectivo.
Á sinatura, celebrada no Salón Regio, contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación Celta, Diego García Sarabia, coordinador deportivo da Fundación Celta, Marc Bautista, CEO de Marel Management e Sharif Higazy, presidente de Ocean Pulser.
