3D644EAE-0AF7-4F5F-8224-56270E67A1B0.jpeg
Fundación

A Fundación Celta apoia a XI edición de Vive Vigo en Bici

RC Celta

Ésta semana comezou unha nova edición de ‘Vive Vigo en Bici’, que programa accións coa bicicleta durante cinco fins de semana consecutivos, arrancando este domingo cunha marcha popular e finalizando o 26 e 27 de maio coa xa tradicional Pedaliña.

O 26 de maio, a festa da bicicleta no Castro, de 12 a 21 horas, con apoio ao programa DisCamino, representación da ONCE con varios tandem, animación e postos de comida. O domingo 27, a ruta popular con saída da Porta do Sol ás 11 horas.

Na presente edición se homenaxea ao Club Ciclista Bici Verde, pioneiro en Galicia e España das bicicletas de montaña, entidade que celebrou o pasado ano o seu trixésimo aniversario. Ademais, a ONG EntreCulturas será beneficiaria dos fondos recadados, para un proxecto de apoio á educación a refuxiados sirios.

Máis info

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas