A sexta edición da esperada carreira popular ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ terá lugar o vindeiro domingo 8 de decembro no estadio de Abanca Balaídos. Tras o éxito das pasadas edicións, con máis de 1.600 participantes de todas as idades, a Fundación Celta aposta un ano máis por un formato de competición aberto a toda a familia xa que o seu atractivo non só chega aos maiores, senón que os máis pequenos poden correr e gozar por esa banda na que cada fin de semana quentan os seus ídolos.
Como é xa tradición, a carreira terá inicio e chegada no interior do estadio, onde ao longo da mañá haberá un fantástico ambiente festivo con música e actividades para os máis pequenos. Todo iso para facer da ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ unha auténtica festa para o celtismo.
CATEGORÍAS
A competición contará con tres categorías diferentes:
▪ 7 km para adultos.
▪ 1km para nenos e nenas entre 2005 y 2012.
▪ 50 metros, para nenos e nenas nacidos entre 2013 y 2017 que terá lugar no interior do estadio.
Todos os participantes recibirán un completo avituallamiento por parte dos nosos colaboradores
Consulta o percorrido aquí
INSCRIPCIÓNS
Para participar na terceira ‘Invasión Celeste – Fe Seguros deberá realizarse a inscrición na páxina web www.magmasports.es até o 3 de Decembro. Premiamos a túa anticipación con interesantes descontos na inscrición, sendo:
8€ se te inscribes desde outubro ao 5 de novembro 2019
10€ se te inscribes del 6 ao 20 de novembro 2019
12€ se te inscribes do 20 ao 2 de decembro 2019
FAMILY DAY, ENTREGA DE DORSAIS
Todos os participantes recibirán o seu dorsal e unha camiseta técnica da man de Fe Seguros.
Realizarase un ‘Family Day’ previo á carreira no náutico de Vigo, xunto á escultura do nadador, o sábado 7 de decembro de 12:00h a 18:00h, onde cada participante poderá recoller o seu dorsal e camiseta técnica.
Ademais de gozar de inchables, carpas, música e bandeiras, todos aqueles que cheguen a meta recibirán un completo avituallamiento por parte das empresas colaboradoras no evento.
Os participantes, acompañantes e público en xeral poderán acceder ao estadio pola porta 19 (Bancada de Río), situada na Avenida de Citröen, onde estarán situadas secretaría e consigna. Todos os participantes deberán estar como mínimo media hora antes do inicio da carreira na que participen.
En definitiva, Invasión Celeste – Fe Seguros está infestada de interesantes novidades e actividades para todos os públicos co obxectivo de facer da carreira un evento deportivo, lúdico, de promoción de hábitos saudables e cheo de celtismo.
O éxito de actividades como a carreira popular ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ referenda a aposta da entidade celeste pola promoción do deporte e os seus valores na sociedade a través de interesantes actividades pensadas para toda a familia e reforza a presenza da Fundación Celta de Vigo como ente dinamizador da sociedade galega.
CONSULTA AQUÍ O LISTADO DE INSCRITOS
Podes consultar o regulamento aquí