canteranos-celta-sub-16-miguel-rodriguez-david-vilan-brais-rodriguez.jpg
A Canteira

A canteira do RC Celta brilla en España: tres xogadores na Selección Sub-16

RC Celta

A canteira do RC Celta terá representación nun dos torneos máis prestixiosos e esixentes do mundo en categoría Sub-16. Os cadetes Miguel Rodríguez e David Vilán forman parte da Selección Española Sub-16 que participará na 47 edición do Mondial Foorball Montaigu, que se desenvolverá na mencionada localidade francesa entre os días 16 e 22 de abril. Tamén estará presente noutra competición internacional de gran dimensión, xa que o porteiro céltico Brais Rodríguez forma parte da convocatoria da selección para o Torneo Desarrollo Sub-16 de UEFA que se disputa en Serbia.

En Montagiu, o combinado español medirase a grandes seleccións como Francia, Brasil e México, mentres que no outro grupo participarán outros poderosos equipos como Arxentina, Portugal ou Inglaterra.

O guardameta celeste Brais Rodríguez participará coa Selección Española no Torneo Desarrollo Sub-16 de UEFA, que terá lugar en Serbia entre os días 15 e 21 de abril. España medirase nesta competición a Eslovaquia, Ecuador e Serbia.

A canteira celeste exhibe unha vez máis a súa boa saúde coa participación de tres dos seus xogadores sub-16 en grandes torneos internacionais, un feito que pon en valor o incansable traballo do club e a súa Fundación na formación de xogadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas