noticia-celeste-solidario-18-dic.jpg
Fundación

A campaña ‘Celeste Solidario’ arranca este sábado no RC Celta – SD Huesca

RC Celta

A Fundación Celta de Vigo pon en marcha como cada ano a súa campaña de recolleita de xoguetes e alimentos ‘Celeste Solidario’. Este ano, a actividade realizarase antes dos dous próximos partidos en Balaídos:

O primeiro deles este sábado 1 de decembro ante a SD Huesca; a entrega de alimentos e xoguetes pode realizarse na entrada do Museo de 11.30 a 13:00 horas

O segundo será o venres 14 de decembro ante o CD Leganés de 19:30 a 21:00 horas.

Tamén se realizará unha acción en colaboración co Celta Baloncesto Femenino o sábado 22 de decembro no Pabellón de Navia de 15:30 a 18:00 no partido contra o CBF Cerdanyola.

 

Todo o material irá destinado a Cáritas e as ONGs ‘La mano que ayuda’ e ‘A las 5’. Os xoguetes servirán para colaborar coa gala ‘Ningún neno sen xoguete’ que organiza La mano que ayuda.

A Fundación Celta de Vigo anima a todos os asistentes ao estadio o vindeiro sábado a mostrar o seu lado máis solidario e colaborar coa causa destas asociacións que diariamente traballan por axudar a quen máis o necesita.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas