O RC Celta e a súa Fundación queren agradecer a todos os nenos e nenas que nestas datas están a vacinarse contra o COVID-19, cunha pulseira do club, a súa responsabilidade nesta batalla que nos incumbe a todos.
Dende o pasado sábado 18 de decembro, e ata fin de existencias, no punto de vacinación do IFEVI haberá 5.000 unidades destas preciosas pulseiras que se entregarán a cada vacinado e así poderán presumir de celtismo á vez que se suman á loita contra a pandemia.