O pasado sábado finalizou a cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023, con sedes na Cidade Deportiva da Madroa, Campo Federativo de Coia, Marcon e Ares.
Na sede da Madroa foi ademais a primeira edición do campus de perfeccionamento de futbol 11 onde xogadores infantís, cadetes e xuvenís recibiron unhas clases maxistrais de futbol da man de adestradores de categorías inferiores do RC Celta, como Jacobo Montes ou Miguel Fontán entre outros.
Esta semana é a quenda do campus de perfeccionamento de futbol 8, que iniciaron os adestramentos con Juán Recondo, un gran coñecedor da categoría con máis de 8 anos de experiencia cos benxamíns e alevíns do RC Celta. Ao mesmo tempo, están a levarse a cabo tamén nas sedes de Praiña en Teo, Monteporreiro en Pontevedra, Maceda e por segunda semana no Campo Federativo de Coia.
Os nenos e nenas non se cansan de seguir desfrutando, á vez que aprendendo, nos nosos campus e iso para nós supón unha enorme satisfacción.
O prazo de inscrición finaliza esta semana, debido a que nos queda unha única semana de actividades que iniciaremos o vindeiro luns 31 de xullo nas sedes de Monforte, Barreiros (Lugo), Marín e Xinzo de Limia.
Sede Ares
Perfeccionamiento F8
Sede A Madroa
Sede Monteporreiro
Sede Maceda
Sede Coia
Sede Marcón
Sede Praiña