window.fbAsyncInit = function() {
FB.init({
xfbml : true,
version : ‘v2.5’
});
}; (function(d, s, id){
var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0];
if (d.getElementById(id)) {return;}
js = d.createElement(s); js.id = id;
js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”;
fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs);
}(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));
O centrocampista danés Daniel Wass acudiu este mércores á sala de prensa da Madroa, un día despois de que a Selección de Dinamarca, con Sisto nas súas filas, lograse a clasificación ao Mundial 2018: “Estou moi feliz polo meu país. Quero volver xogar coa selección”, declarou Wass, quen non entrou nas últimas convocatorias a pesar do seu bo rendemento no RC Celta.
O futbolista de Gladsaxe centrou a súa comparecencia no duelo ligueiro ante o Sevilla (domingo, 18:30, Sánchez Pizjuán), no que o combinado vigués reencontrarase con varios vellos coñecidos: Krohn-Dehli, Nolito e Berizzo. Wass recoñeceu que será “un encontro especial para nós e para eles” e, xa no deportivo, destacou que ao Celta “dánselle ben os partidos grandes”.
Por se fosen poucos, o choque ante os andaluces terá un aliciente extra para Daniel Wass, xa que ata 6 xogadores daneses (Krohn-Dehli e Kjaer polo Sevilla; Sisto, Hjulsager, Mor e o propio Wass polo Celta) poderían coincidir no terreo de xogo, aos que podería engadirse un sétimo escandinavo, John Guidetti: “será un partido moi especial para os nórdicos”, asegurou Wass.