Frenético encontro o disputado entre o Real Betis e o RC Celta en Heliópolis onde reinou o fútbol e os goles, regalando ao conxunto vigués a segunda vitoria seguida (3-4)
O primeiro tempo comezaba de forma inmellorable para o conxunto olívico, quen se adiantaba no electrónico mediante un trallazo de Strand Larsen ao sexto minuto de xogo. Acto seguido, empataba o conxunto bético mediante un remate á saída dun córner de Juanmi, ao que dobrarían vantaxe no minuto 20 cun tiro de Canales. Cando parecía que o encontro chegaba con desvantaxe celeste ao descanso, unha xenialidade de Luca da Torre e unha vaselina de Gabri Veiga poñían as táboas no marcador.
O sexto gol de Gabri Veiga no campionato ligueiro significaría o 2-3 final no marcador, pero non era o último dos goles celestes da noite. Aidoo nun potente remate poñería o cuarto, e recortaría distancias de penalti Fekir a falta de minutos para o final.
Esta vitoria deixa ao RC Celta con tres puntos máis e escala cara a 11ª posición no casilleiro. A seguinte xornada de LaLiga será esta próxima fin de semana ante o Atlético de Madrid en Abanca Balaídos.
FICHA TÉCNICA
Real Betis: Rui Silva; Sabaly, Pezzella, Luiz Felipe, Miranda (Abner, min. 79′); Guido Rodríguez (Edgar, min. 62′), Gardado (Joaquín, min. 62′); Canles, Fekir, Juanmi (Luiz Henrique, min. 79′); e Borja Iglesias (Ayoze, min. 73′).
RC Celta: Iván; Mingueza (Solari, min. 85′), Aidoo, Unai, Galán; Fran Beltrán, Gabri Veiga (Seferovic, min. 63′), Luca (Cervi, min. 74′), Carles Pérez (Kevin, min. 85′) ; Aspas e Larsen (Óscar, min. 63′).
Árbitro: Do Cerro Grande (madrileño). Vermella directa aos verdibrancos Luiz Felipe (95′) e Toni Dobras (adestrador de porteiros, no 98). Amarelas aos locais Luiz Henrique e Joaquín, así como aos visitantes Luca da Torre, Unai Núñez e Aspas.
Goles: 0-1 (6′) Larsen; 1-1 (9′) Juanmi; 2-1 (23′) Canles; 2-2 (42′) Gabri Veiga; 2-3 (56′) Gabri Veiga; 2-4 (69′) Aidoo; 3-4 (84′) Fekir, de penalti.