golaspas.jpg
Primeiro Equipo

Victoria de equipo para o RC Celta (1-0)

RC Celta

Triunfo importantísimo do RC Celta ante o CD Leganés (1-0) nun partido no que os xogadores celestes tiveron que facer un gran esforzo tras a expulsión de Bradaric por parte de Munuera Montero, colexiado que non considerou cartón vermello a entrada de Bale sobre Rafinha por detrás e sen balón hai unha semana.

O partido estivo moi igualado durante os 90 minutos, pero foron os madrileños os que tiveron maior posesión de balón tras a protestada expulsión do centrocampista croata. Con todo, os de Óscar García mostraron as súas fortalezas defensivas durante todo o encontro.

Na segunda metade, Iago Aspas puxo por diante ao RC Celta nunha xogada ensaiada servida por Olaza e, no tramo final, o empuxe da afección, foi clave para que o tres puntos quedasen en casa.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araujo, Olaza, Okay, Bradaric, Rafinha, Denis (Aidoo, min 78), Aspas (Mina, min 82) y Smolov (Beltrán, min 65)

0 – CD Leganés: Soriano, Bustinza (Gil, 67), Omeruo, Siovas, Awaziem, Silva (Assale, min 55), Roque Mesa, Rubén, Eraso (Óscar, min 46), Rodrigues y Guido

Goles: 1-0 Aspas, min 62;

Árbitro: Munuera Montero (Andalucía). Amoestou a Bradaric (vermella), Murillo y Denis (RC Celta) y a Siovas, Silva y Óscar (CD Leganés)

Campo: ABANCA Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas