O RC Celta xa coñece ao seu primeiro rival na Copa do Rei 2017/18. O sorteo realizado pola RFEF este xoves emparellou ao cadro celeste coa SD Eibar, conxunto ante o que os de Vigo lograron unha contundente vitoria (0-4) na última xornada de Liga: “Oxalá podamos conseguir o mesmo resultado, pero será difícil”, advertiu o adestrador celeste Juan Carlos Unzué tras coñecer o resultado do sorteo.
O técnico espera unha eliminatoria “difícil e competida” que o Celta necesitará “afrontar coa mesma confianza que no partido de Liga”. A idea xogarase en Ipurua e a volta en Balaídos, a casa do celtismo, algo que para Unzué pode significar “unha pequena vantaxe”.