O RC Celta tirou de solidez en Vitoria para conseguir un punto a domicilio ante o Deportivo Alavés (0-0). Os de Miguel Cardoso fixeron un gran partido a nivel defensivo e gozaron de ocasións durante os 90 minutos.
Foi unha primeira parte marcada pola igualdade sobre o terreo de xogo. O RC Celta levou máis perigo á área rival con chegadas perigosas de Juncà, Brais e Maxi que puideron pór por diante aos celestes. En defensa, o conxunto de Miguel Cardoso non sufriu en exceso ante os contragolpes dos locais.
A segunda metade seguiu polos mesmos camiños. Ambos equipos crearon ocasións para adiantarse no marcador pero os porteiros empregáronse a fondo para desbaratalas. Nos últimos compases o RC Celta deu mostras dunha notable solidez defensiva para asegurar o punto.
FICHA TÉCNICA
0 – Deportivo Alavés: Pacheco; Navarro, Laguardia, Maripán, Duarte; Brasanac (Wakaso, min 74), Pina, Manu García; Inui (Rolan, miin 74), Calleri (Bastón, min 79) e Jony.
0 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Araujo, Costas, Hoedt, Juncà; Okay (Beltrán, min 62), Lobotka, Brais (Jozabed, min 92), Jensen (Boufal, min 66), e Maxi Gómez.
Árbitro: Carlos del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Ximo Navarro, Duarte (Deportivo Alavés), Okay, Hugo Mallo (RC Celta).
Campo: Mendizorroza.