Krohn adiantara aos célticos e o Elche empatou desde os 11 metros nunha polémica xogada
Un penalti inexistente a falta de tres minutos para o final do partido, privou ao Celta sumarse tres puntos e unha nova vitoria. Os vigueses, superiores na segunda metade, adiantáronse cun tanto de Kronh-Dehli, pero Lombán empatou desde os 11 metros.
Ao seis minutos, gran ocasión nunha contra xenial conducida por Nolito, Krohn-Dehi e Orellana, cuxo centro foi cabeceado por Charles lixeiramente desviado. O Celta asentouse e dominaba por completo o encontro, con boas combinacións arriba e chegadas con moito perigo.
O Elche, que comezara coa aparente intención de disputarlle a posesión aos celestes, foise metendo atrás de maneira progresiva, empuxados polos locais, moi ambiciosos e verticais.
Pasados o primeiros quince minutos, o cadro ilicitano volveu estirarse e a alargar as súas posesións, pondo nalgunhas dificultades aos vigueses, aos que lograron desconectar durante moitos minutos. As ocasións desparecieron, e até o descanso, dominio estéril do Elche.
Tras o descanso, no primeiro minuto, Charles, de chilena, estivo a piques de marcar un auténtico golazo, pero Tyton logrou desviar o espectacular remate do ariete celeste.
Pouco despois, gran xogada en ataque con pase entre liñas a Krohn-Dehli, cuxo remate, xa na área pequena, foi despexado pola meta rival co pé. Coa man despexou un defensor no minuto 10 un centro de Orellana na área, pero o colexiado non sinalou a pena máxima.
Aos 15 minutos, de novo gran chegada, con penetración de Jonny ata a liña de fondo e pase atrás cara a Kronh-Dehli, quen anotou con tranquilidade. Radoja puido marcar o segundo con media hora de xogo cumprida, cun bo zurdazo desde a frontal, pero Tyton, cunha gran estirada, conseguiu desviar o coiro.
A falta de 3 minutos, penalti inexistente a favor do Elxe. Lombán anotou o empate. Inxustiza tremenda.
FICHA TÉCNICA
1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja (Pablo Hernández, mkin.88), Augusto, Krohn-Dehli, Orellana (Álex López, min.75), Nolito e Charles (Larrivey, min.84)
1-Elche C.F.: Tyton, Damián, Lombán, Cisma, Aarón (Rodrigues, min.70), Adrián, Coro (Álvaro, min.76), José Ángel, Víctor, Fajr e Pasalic (Cristian Herrera, min.67)
Goles: 1-0, min.60: Krohn-Dehi; 1-1, min.87: Lombán, de penalti
Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Amonestou a Hugo Mallo, Fontás, Cabral, Álex López, José Ángel, Cisma
Campo: Balaídos: 14.386 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do abonado número 1 do club, Basilio Ferreiro, e do concelleiro do Concello de Vigo, Pablo Beiro, recentemente falecidos.