Primeiro Equipo

Un penalti e unha expulsión privan ao Celta da vitoria en San Mamés

RC Celta

athcel010516

 

Ao Celta escapóuselle o partido en San Mamés no tramo final da primeira metade cun penalti e a expulsión de Cabral. Orellana adiantara aos celestes, que foran moi superiores ao seu rival e merecían maior vantaxe até as polémicas xogadas que decantaron o choque. Os celestes tentárono até o final sen fortuna.

 

O Celta puido marcar no primeiro minuto tras unha veloz contra, con parede entre Iago Aspas e Nolito e pase errado do canteirán na interior da área nunha boa posición para o remate. Orellana lanzou moi preto da escuadra dous minutos despois tras outra gran xogada de ataque. A posta en escena celeste fora prodixiosa e o Athletic viuse sorprendido e superado por un conxunto celeste solvente atrás e extremadamente rápido nas contras.

 

O partido rompeu cun pase espectacular de Marcelo Díaz en profundidade cara a Orellana quen superou a Iraizoz no man a man para notar. O Celta mostrábase como un equipo sólido, serio e cun perigo descomunal en cada chegada. A súa superioridade era tremenda, a súa vantaxe moi curta para o gran xogo despregado.

 

Aos 36 minutos, rigoroso penalti sobre Aduriz e amarela a Cabral. O ariete empatou desde o once metros para selar un empate notablemente inxusto. O colexiado, gran protagonista do partido, expulsou a Cabral aos 39 minutos por unha estraña xogada con Aduriz. O Celta, que superara con fútbol ao cadro local de maneira escandalosa, víase cun empate e dez xogadores aínda na primeira metade.

 

Tras o descanso, O Athletic foi aos poucos aproveitando a súa superioridade numérica. Raúl García lanzou á madeira desde fóra da área. O centrocampìsta marcou o segundo aos 27 minutos desde o chan con fortuna.

 

O Celta, que non acababa de crerse o que ocorrera, foise arriba con decisión en busca polo menos dun empate. Loe vitó Iraizoz cunha boa parada a un remate de socato de Guidetti. Inxusta derrota do Celta en San Mamés.

 

FICHA TÉCNICA

2-Athletic Club: Iraizoz, De Marcos, Balenziaga, Etxeita (Iturraspe, min.60), Bóveda, San José, Beñat, Raúl García, Susaeta, Aduriz (Viguera, min.85) e Muniain (Willians, min.60)

 

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi.Gómez, Jonny, Marcelo Díaz (Planas, min.68), Wass (Guidetti, min.81), Tucu, Orellana, Nolito e Iago Aspas (Radoja, min.55)

 

Goles: 0-1, min.13: Orellana; 1-1, min.38: Aduriz, de penalti; 2-1, min.73)

 

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Expulsou a Cabral  (min.39) e amonestou a Marcelo Díaz, Raúl García

 

Campo: San Mamés

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas