Os celestes, que erraron un penalti, baleiráronse na procura dunha vitoria que non chegou (1-1)
O Celta rompeu o seu terrible mala sorte de face ao gol no minuto 15 da segunda metade, cun tanto de Orellana. Antes fixera un gran fútbol, fallado un penalti e encaixado un gol de maneira inxusta. Foi un partido intenso no que os célticos sumaron polo menos un punto e romperon tamén a súa serie de derrotas.
O Celta, con novo debuxo, saíu concentrado, contundente e dominador. Aos 7 mimitos, gran xogada que deixa a Orellana ante Alves, quen desviou cunha gran parada o remate do chileno. O cadro vigués xogaba con velocidade e precisión e desarbolaba á Valencia fabricando chegadas de maneira constantes.
Vos célticos, brillantes, en diversas fases, roldaron o gol nun par de ocasións e gozaron de varias xogadas a balón parado ben defendidas pola zaga visitante. Sergio apareceu aos 18 minutos para meter unha boa man na primeira chegada da Valencia.
Aos 25 minutos, Kronh-Dehli rematou alto tras unha boa combinación con Orellana. O Celta dominaba con autoridade, pero topábase cun rival moi ben organizado defensivamente que non concedía apenas espazos.
Aos 26 minutos, Otamendi derrubou a Charles na área tras un paso de Hugo Mallo. O penalti lanzouno Orellana e desviou de maneira maxistral Alves. O Celta non soltaba o gafe. Os vigueses seguiron empuxando e xerando ocasións ante un rival moi metido atrás.
A dinámica celeste leva a cousas como a que pasou aos 42 minutos. Rodrigo roubou, arrincou e lanzou desde a frontal. O coiro pasoulle a Sergio por baixo do corpo. Inxusto resultado para chegar ao descanso. O dominio, o xogo e as ocasións puxéraas o equipo vigués. O gol, a Valencia. Ademais, nos instantes finais, Hugo Mallo caeu lesionado. Foi substituído tras o descanso por Nolito.
O Celta se rehízo e retomou o mando do choque en busca do empate. A Valencia esperaba atrás e buscaba a contra para tratar de sentenciar. O Celta empuxaba sen desmaio, asumindo riscos.
O gafe co gol rompeu aos 15 minutos, e cunha xogada a balón parado. Córner e balón ao segundo pau que Orellana levou á rede coa zurda. Máis que merecido o empate.
E buscou máis. Os célticos seguiron atacando con fe e ambición. Alves luciuse unha vez máis tras un gran remate de Nolito de lonxe.
O partido abriuse e igualou máis no tramo final, no que o Celta perdeu a outro xogador por lesión, Augusto.
1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo (Nolito, min.46), Sergi Gómez, Fontás, Jonny, Krohn-Dehli, Augusto (Borja Fernández, min.79), Pablo Hernández, Orellana y Nolito
1-Valencia C.F: Diego Alves, Orbán, Mustafi, Otamendi, Barragán, André Gomes, Parrejo (Javi Fuego, min.80), Enzo Pérez, Rodrigo (Cancelo, min.91), Alcácer y Negredo (De Pau, min.64)
Goles: 0-1, min.42: Rodrigo; 1-1, min.60: Orellana
Árbitro: González González, del comité castellano leonés. Amonestó a Charles, Jonny, Pablo Hernández, Rodrigo, Parejo
Estadio. Balaídos: 19.218 espectadores. Antes del encuentro del partido se guardó un minuto de silencio en memoria de las víctimas del atentado de París. También se le hizo entrega a Nolito el Trofeo Manuel de Castro, organizado por Moiceleste, El Fútbol es Celeste y Siareiros.net, como mejor jugador del año 2014.