Primeiro Equipo

Un Celta fantástico, dominador e ambicioso, suma un curto empate ante o Villarreal

RC Celta

orellana-celvil-020316

 

O Celta realizou un gran partido, cun desgaste descomunal e un enorme exercicio de fe, ante un rival formidable ao que dominou por completo. Fútbol espléndido, malgaste de ambición, pero un só punto, moi escaso para os méritos contraídos. Curto empate sen goles para un Celta fantástico.

 

O Celta arrincou con posesión, paciencia e ambición. Dominou o coiro desde o inicio e ao catro minutos un centro de Orellana acabou no cóbado dun defensor rival. Non houbo penalización.

 

O Vilarreal mostraba unha velocidade endiablada cando roubaba e a sensación de perigo era constante en ambas as áreas, cun ritmo de xogo moi elevado e unha enorme vistosidade. Aos 13 minutos, Sergio sacou unha gran man a un remate de socato de Bakambu. Dous minutos despois foi Areola quen desviou cunha gran parada un remate de Guidetti. Os celestes acumularon máis chegadas e oportunidades cun gran fútbol na seguinte fase do choque.

 

O dominio celeste até o descanso foi notable, cun fútbol fermoso sen o colofón merecido, o do gol, que se resistía.

 

Tras a continuación, de novo ritmo moi elevado, dominio celeste, cun xogo espléndido, e veloces saídas do rival: perigo en ambos os campos e moito espectáculo. Pasado o primeiro cuarto de hora, en pleno acoso celeste, gran disparo de Wass e espléndida parada de Areola.

 

O Celta mantivo o dominio, abafador, e as intencións ante un Vilarreal cada vez máis replegado e recostado na posibilidade de contragolpear.

 

FICHA TÉCNICA

0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Marcelo Díaz, Wass, Iago Aspas, Orellana, Nolito (Radoja, min.88) e Guidetti (Bongonda,  min.68).

 

0-Villarreal CF: Areola, Mario, Pina, V. Ruiz, Baptistao (Castillejo, min.63), Trigueros (Bruno, min.75), Bakambu, Denis Suárez, Rukavina, Bailly e Nahuel (Adrián, min.65).

 

Árbitro: Jaime Latre, del comité aragonés. Amonestó a Marcelo Díaz, Cabral, Nahuel, Denis Suárez, Bailly, Mario, Rukavina.

 

Campo: Balaídos, 15.372 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Francisco Araujo, presidente do Celta Bosco e ex directivo celeste, recentemente falecido. Os xogadores do RC Celta portaron ademáis brazaletes negros.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas