O Celta consumou a xesta. O equipo vigués, armado coa ilusión do celtismo, alcanzou a décima semifinal de Copa da súa historia tras superar con claridade ao Atlético de Madrid no Calderón nun partido moi duro e intenso. Os celestes, espléndidos, foron superiores e dobregaron aos locais con dous tantos de Pablo Hernández e un de Guidetti (2-3).
A intensidade marcou o arranque do partido. A férrea presión sobre o balón impedía as combinacións, o toque, e o xogo trascurrió entre balóns longos e despexes. Máis aplomado o conxunto local, logrou polo menos crear inquietude a balón parado ante un Celta tranquilo e seguro atrás, pero que o lograba superar a feroz presión branquivermella.
Aos 18 minutos, Rubén, pouco antes golpeado de maneira brutal por Vietto nun rexeite, desviou de maneira maxistral un remate de socato de Saúl na mellor ocasión até o momento. Sufría o Celta para frear o ímpeto do cadro local, moi agresivo e intenso.
E pouco despois, o Celta sorprendeu ao Atlético nunha das grandes especialidades dos de Simeone, o balón parado. Saque de esquina Cara a Orellana, centro e gran cabezazo, enorme, de Pablo Hernández á rede.
O Atlético empatou aos 28 minutos. Griezmann enviou o coiro á rede ao recoller un rexeite de Rubén tras un disparo desde a frontal. O partido estaba de novo igualado, pero co Celta máis asentado e xa ganduxando combinacións en ataque, aínda que co problema engadido dunha desmesurada permisividade arbitral, terrible. O descanso chegou cun empate que clasificaba aos célticos.
Tras a continuación, con Sergio no campo pola terrible entrada de Vietto a Rubén na primeira metade, a permisividade desinflouse de súpeto e o Atlético dispuxo dunha perigosa falta na frontal ben defendida pola zaga celeste.
Aos 9 minutos, gran pase de Iago a Guidetti, a quen o control se lle foi longo e Moyá acabou despexando, o sueco centrou e pablo Hernández marcou, pero o auxiliar indicou que o coiro xa saíra.
E xusto despois, golazo, tremendo, espectacular, de Guidetti. Lanzamento desde vinte metros á escuadra. Gran vantaxe para os celestes. Que aumentou Pablo Hernández con outro soberbio cabezazo pouco despois. Saque de banda, Wass habilitou a Hugo Mallo e o centro do lateral enviouno á rede Tucu no primeiro pau. O Celta acariñaba as semifinais. O colexiado non se decidiu a expulsar a Godín por unha patada por detrás e sen balón a Pablo Hernández.
Correa acurtou distancias a falta de dez minutos, pero os celestes mantiveron a súa vantaxe e alcanzaron as semifinais da Copa do Rei.
FICHA TÉCNICA
2-A. Madrid: Moyá, Juanfran, Giménez, Godín, Filipe Luis, Gabi, Saúl (Óliver Torres, min.61), Koke, Carrasco (Correa, min.59), Griezmann e Vietto
3-RC Celta: Rubén (Sergio, min.46), Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Pablo Hernández, Wass, Orellana, Iago Aspas e Guidetti (Beauvue, min.79)
Goles: 0-1, min.21: Pablo Hernández; 1-1, min.28: Girezmann; 1-2, min.56: Guidetti; 1-3, min.64: Pablo Hernández; 2-3, min.81: Correa
Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Vietto, Filipe Luis, Coke, Guidetti, Radoja
Campo: Vicente Calderón