Primeiro Equipo

Un Celta de menos a máis golea na Malata

RC Celta

nolito-ferrol-celta-020915.jpg

O partido chegou ao descanso con empate no marcador. No segundo tempo os celestes golearon (1-4)

 

O Celta foi de menos a máis no amigable disputado este mércores ante o Racing Club Ferrol na Malata. Os verdibrancos plantaron cara aos célticos no primeiro tempo, adiantándose no marcador e mantendo daquela o empate a uns no marcador até o descanso. Os de Berizzo melloraron notablemente a súa imaxe na segunda parte, na que remontaron o choque con goles de Guidetti, Sergi Gómez e Aspas.

 

O partido arrincou con ritmo sosegado e o primeiros dez minutos transcorreron sen ocasións de gol. O tanto local, obra de Vidal, chegou inesperadamente, á contra, cando o Celta comezaba a tomar o pulso ao encontro e a inquietar a área rival. Corría o minuto 22 e os vigueses non tardaron en reaccionar con Nolito asinando un gran gol á saída dun saque de esquina. O descanso chegou coas forzas niveladas e un Racing que perserveraba con perigo na procura da segunda diana departamental.

 

Tras a continuación Berizzo introduciu cambios. Néstor substituíu a Sergio baixo paus e Fontàs, Augusto e Orellana entraron por Cabral, Borja Fernández e Nolito. Os celestes arrincaron a segunda parte con mentalidade renovada e enseguida fixéronse donos e señores do balón. Tras varias advertencias o Celta por fin adiantouse no marcador no minuto 60 cun tanto do dianteiro sueco John Guidetti. O cadro olívico, moito máis elevado que no primeiro tempo, mantivo a súa superioridade e redondeou a vitoria cun disparo cruzado de Sergi Gómez que terminou no fondo da portaría ferrolá. O defensor catalán ocupou o lateral dereito durante a segunda parte e Radoja situouse no centro da zaga. O triunfo céltico redondeouse na recta final co definitivo 1-4, marcado por Iago Aspas.

 

FICHA TÉCNICA

1-Racing Ferrol: Cabanelas, Pascual, Maceira, Víctor Vázquez, Golo, Borja, Diego Vela, Carlos López, Jaime Vidal, Peláez e Juampa.

 

3-RC Celta: Sergio (Néstor, min.46), Hugo Mallo (Pablo Hernández, min.63), Cabral (Fontàs, min.46), Sergi Gómez, Planas, Borja Fernández (Augusto, min.46), Radoja, Señé (Iago Aspas, min.70), Bongonda, Nolito (Orellana, min.46) e Guidetti.

 

Goles: Vidal, min.22, 1-0; Nolito, min.26, 1-1; Guidetti, min.60, 1-2; Sergi Gómez, min.68, 1-3; Iago Aspas, min.82, 1-4.

 

Árbitro: Martín Santos. Amonestou a Guidetti.

 

Campo: A Malata.

 

Observacións: Drazic, convocado, non pudo participar no partido por unhas molestias gástricas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas