Primeiro Equipo

Un bo Celta cobra vantaxe en Copa (1-3)

RC Celta

aspas021215

 

O Celta, con moitos cambios con respecto ao seu aspecto habitual, resolveu con calidade e solvencia o partido de ida dos dezaseisavos de final de Copa e vantaxe. Os celestes superaron ao Almería (1-3) con dous tantos de Iago Aspas e un de Guidetti.

 

O Celta mostrou unha fisonomía diferente para aproveitar ao máximo o partido de Copa. Jonny ocupou o eixo da zaga, con Wass no costado dereito e xogadores como Madinda, Señé ou Drazic na liña de creación.

 

Os celestes atoparon enseguida os camiños cara á área rival e aos 5 minutos Señé enviou un gran centro desde a banda esquerda que Iago, coa dereita, rematou lixeiramente desviado. Foi o comezo do claro dominio do conxunto vigués, que movía o coiro con velocidade e criterio ante un rival moi metido atrás que buscaba con velocidade o contragolpe.

 

Aos 15 minutos, golazo tremendo de Iago Aspas. Gran pase en profundidade de Pablo Hernández ao canteirán e zurdazo espectacular á rede. Os vigueses dominaban cunha autoridade enorme, xeraban perigo de maneira constante e non consentían ademais aproximación algunha do rival. Madinda puido anotar o segundo aos 27 minutos cun gran lanzamento de falta que rozou a escuadra.

 

O segundo, outro golazo, tivo os mesmos protagonistas. Arrancada xenial dun colosal Pablo Hernández, pase preciso a Iago Aspas e precioso remate do canteirán para superar a Julián.

 

A falta de dous minutos, erro nunha cesión a Rubén que aproveitou Pozo para acurtar distancias. O Almería cobraba algo de vida ao bordo do descanso por un fallo do seu rival tras verse superado con claridade en toda a primeira metade.

 

Tras a continuación, máis ritmo e ida e volta, con chegadas en ambas as áreas e un Almeria máis ambicioso que tamén deixaba máis espazos atrás. O partido foi decaendo co paso dos minutos, co Celta moi cómodo. Aos 29 minutos, gran xogada e pase de Hugo Mallo cara a Drazic, cuxo remate foi desviado por Julián e Guidetti recolleu o rexeite para marcar. Victoria solvente vantaxe para a volta en Balaídos.

 

FICHA TÉCNICA

1-UD Almería: Julián Cuesta; Antonio Marín, Cuéllar, Michel Zabaco, Dubarbier (Adri, min.70), Fatau, Puertas (Joaquín, min.70), Soriano (Montoro, min.59), Eldin, Pozo e Cristian

 

3-RC Celta: Rubén Blanco; Wass (Hugo Mallo, min.73), Cabral, Jonny, Planas, Borja  Fernández, Pablo Hernández, Madinda (Bongonda. min.75), Señe, Drazic e Iago Aspas (Guidetti, min.63)

 

Goles: 0-1, min.15: Iago Aspas; 0-2, min.34 Iago Aspas; 1-2, min.43: Pozo

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Iago Aspas, Cuéllar, Fatau

 

Campo: Juegos del Mediterráneo

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas