Primeiro Equipo

UEL | O Celta revive o ‘espírito de Villa Park’ e se clasifica a oitavos cunha remontada épica

RC Celta

clasificadosuefashakhtar.jpg

Épico. Só así pode definirse o vivido esta noite en Kharkiv. Un novo fito na historia do Celta en Europa. Os de Berizzo dérono todo, nunca perderon a fe e terminaron asinando unha remontada da eliminatoria que pasará ao recordo colectivo do celtismo. Iago Aspas puxo o 0-1 desde o punto de penalti co tempo regulamentario cumprido. Era o gol que levaba á prórroga, Os de Berizzo competiron como nunca e, na segunda parte da prórroga, Cabral marcou o tanto da clasificación. Histórico!

 

Partido de ida e volta, intenso, emocionante e con opcións para os dous equipos. Celta e Shakhtar se tutearon durante o noventa minutos nun partido no que os dous porteiros tiveron un protagonismo destacado, asinando ambos un repertorio espectacular de paradas.

 

Aspas monopolizó as ocasións de perigo celestes, pero topouse cun inmenso Pyatov baixo paus. O mesmo sucedeu na área viguesa. Sergio completou un dos seus mellores partidos e bloqueou unha tras outra cada arremetida do Shakhtar. Tras o descanso o cadro ucraíno dominou e apertou. O paso dos minutos devolveu a igualdade e, mediada a segunda parte, os de Berizzo tiveron dous das súas mellores oportunidades, ambas as nas botas de Aspas.

 

O Celta loitou contra vento e marea, fíxose forte e dominou o choque no últimos dez minutos. Parecía cuestión de xustiza que os galegos marcasen. Co tempo regulamentario xa cumprido, Guidetti caeu na área. Non era penalti, pero o árbitro sinalou a pena máxima e Iago Aspas non fallou. O Celta empataba a eliminatoria sobre a bucina.

 

Na prórroga máis batalla. O cadro vigués entregouse a fondo, sen concesións, en busca da clasificación… e chegou. Na segunda parte da prórroga Jozabed botou un saque de esquina que caeu como unha luva na cabeza de Cabral, no primeiro pau. O cabezazo do arxentino coouse no fondo da rede para alegría de todo o celtismo. O Celta reviviu o espírito de Vila Park, remontou a eliminatoria e volveu facer historia en Europa. Estaremos no bombo de oitavos de final da Europa League. Sigamos soñando!

FICHA TÉCNICA

0-SHAKHTAR: Pyatov, Srna, Ordets, Rakitskyy, Ismaily, Fred, Malyshev, Marlos, Kovalenko (Stepanenko, min.72), Taison (Bernard, min.82), Blanco, Leschuk.

2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Roncaglia (Jozabed, min.58), Wass (Bongonda, min.80), Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto (Rossi, min.84), Guidetti.

Goles: Iago Aspas, 0-1, min.91 (de penalti); Cabral, 0-2, min.108.

Árbitro: Slavko Vini, de Eslovenia. Amonestou a Blanco (Shakhtar); Iago Aspas, Roncaglia (Celta).

Campo: Metalist Stadium.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas